Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/16

Nube con forma de nube

Cantas veces paramos a mirar a forma das nubes? Cantas temos xogado a pensar que nos lembran? Cantas apostamos a atopar un animal entre elas? Nube con forma de nube reclama o dereito a seren nubes na boca de Cecilia Pisos con ilustracións de Diego Bianki, un libro de poesía publicado pola Faktoría K na súa colección Orihuela -que gozada de colección, por certo!-. Xoguemos coa poesía e coa forma das nubes. As nubes como fenómeno meteorolóxico e as nubes como metáfora. Isto, semanticamente. En canto á forma poderemos ler palabras encadeadas, aliteracións, xogos de palabras... Todo, texto e ilustración, procuran unha atmosfera transparente, un ceo azul salferido de nubes de cores, de nubes simpáticas, de nubes desproporcionadas, de formas diferentes que o ser humano quere ver. Ou que necesita mirar nalgo tan afastado como esas nubes que poboan por riba das nosas cabezas.



Hurdles

Curta sobre igualdade de Enma Watson.Visto aquí.

“Hurdles” (obstáculos)


Global Goals: Hurdles from Mick Watson on Vimeo.



“Las mujeres y las niñas siempre han enfrentado obstáculos, pero eso nunca nos ha detenido.
Nos hemos sacrificado, luchado, hemos tenido éxito, nos han golpeado de nuevo, y hemos tenido éxito otra vez. En una carrera de justicia, hemos saltado por encima de un sinnúmero de obstáculos para ganar nuestros derechos. Las mujeres no teníamos derecho a voto, nos excluyeron de la educación, no nos han pagado suficiente por nuestro trabajo y no teníamos voz en el liderazgo político. Incluso en los primeros Juegos Olímpicos las mujeres no contaron. Eso fue entonces.
-En 1893 Nueva Zelanda aprueba el voto femenino.
Le han seguido 192 países.
-1963: América aprueba el primer Acto de Salarios Igualitarios.
60 países lo han seguido.
-97 países tiene actualmente a más mujeres que a hombres en la universidad.
-En Ruanda el 50% de los cargos parlamentarios son mujeres.
-En 21 países la persona que gobierna el Estado es una mujer.
Aún hay obstáculos difíciles y duro que saltar:
-15 millones de matrimonios infantiles cada año.
-62 millones de niñas sin acceso a educación aún hoy.
-1 de cada 3 mujeres en el mundo aún sufre violencia.
La carrera sigue en pie, todos los días, de todos los años de nuestras vidas, pero cruzaremos la línea de llegada. Nadie nos puede parar. Igualdad YA”.

29/09/16

Planet Unknown



vía

28/09/16

Find true love



Vía

Playmobil y su historia

#PlaymoWorld
Unha visita a PlaymoWorld da man de  Esther Gimeno Gascón : toda a Historia da Humanidade a través dos "clisc"-homes. Xenial!!!
(Visto no Facebook de Yolanda Domínguez)

27/09/16

One Minute Puberty

Simpático vídeo de animación que resume a adolescencia dos mozos (só en masculino)…




Vía

IMAGINATION IS FREE

 Porque cómpre o maxín...


IMAGINATION IS FREE from Oliver Jeffers on Vimeo.

#NoCompresEsclavitud

Vídeo -de Médicos do Mundo- de sensibilización dirixido a demandantes de prostitución. Un minuto de duración para percorrer os corredores dun prostíbulo



26/09/16

Migrants. La crise des réfugiés syriens

Este vídeo quere afastar os medos que percorren Europa antes os refuxiados sirios.

25/09/16

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXIII)

Até cando? 
¿Hasta cuando?


24/09/16

Marwan - Compañeras

23/09/16

Crème Caramel

El mulero.

Øyvind Torseter é o artífice deste álbum ilustrado publicao por Barbara Fiore, El mulero, baseado nun conto tradicional noruegués, "un trol sen corazón". O relato é coñecido: o sétimo fillo dun rei deberá ir rescatar os seus irmáns maiores secuestrados por un despiadado troll, quen os converteu en pedra. E é, ademais, unha viaxe iniciática, co que iso supón. Pero o realmente interesante do libro é a presenza de elementos tan afastados dos contos tradicionais que este autor introduce no álbum, como  animais que axudan cando se lles precisa, ademais de falar polos cóbados, princesas que están fóra de toda imaxinaría popular e pitiminí requintado ao que estamos acostumadas, e covas e estratexias estrañas que semellan formar parte dun conto humorístico. E a isto súmase que o libro é un cruzamento entre álbum ilustrado e cómic.






360° Book. Mount Fuji

Pois si, teño este librooooo!!!


360° Book. Mount Fuji from On printed paper on Vimeo.

22/09/16

Sempre hai un lugar para a poesía (CXXXVI)

De qué se ríe, señor ministro

Seré curioso: Sr ministro, de qué se ríe


En una exacta foto del diario,
señor ministro del imposible,
vi, en pleno gozo y en plena euforia
y en plena risa, su rostro simple.
Seré curioso, señor ministro,
de qué se ríe, de qué se ríe.
De su ventana se ve la playa
pero se ignoran los cantegriles,
tienen sus hijos ojos de mando
pero otros tienen mirada triste.
Aquí en la calle suceden cosas
que ni siquiera pueden decirse;
los estudiantes y los obreros
ponen los puntos sobre las íes.
Por eso digo, señor ministro,
de qué se ríe, de qué se ríe.
Usté conoce, mejor que nadie,
la ley amarga de estos países.
Ustedes duros con nuestra gente,
por qué con otros son tan serviles.
Cómo traicionan el patrimonio
mientras el gringo nos cobra el triple.
Cómo traicionan usté y los otros
los adulones y los seniles.
Por eso digo, señor ministro,
de qué se ríe, de qué se ríe.

Aquí en la calle sus guardias matan
y los que mueren son gente humilde,
y los que quedan llorando rabia
seguro piensan en el desquite.
Allá en la celda sus hombres hacen
sufrir al hombre y eso no sirve.
Después de todo, usté es el palo
mayor de un barco que se va a pique.
Seré curioso, señor ministro,
de qué se ríe, de qué se ríe.

Mario Benedetti



Vía

De Homo Consumus a Homo responsabilis

21/09/16

Libres

A campaña Liberad a los niños quere chamar a atención sobre o pouco tempo que a rapazallada pasa ao ar libre e o insán que resulta esta praxe.


Cepillo

Kalandraka publica este álbum de Pere Calders e Carme Solé Vendrell que foi Premio Lazarillo no ano 1981: Cepillo. Un conto que mestura o cotián e o fantástico, entre situación reais e personaxes reais veremos medrar uns feitos que cada vez máis semellan incribles. Tanto, que ao rematar a lectura pensamos: "poderá ser???" Porque entre o texto e as ilustracións conséguese de tal xeito ese mundo infantil contra toda lóxica adulta que todo é posible. Por que buscar unha racionalidade a todo canto nos rodea? Por que non permitir que ocorran feitos fantásticos ao noso arredor e cre neles? Unha vez máis, a Literatura infantil permite que o mundo dos soños estea en nós. Sempre, soñar.
 Debo recoñecer que son unha apaixoada do traballo de Carme Solé, a quen tiven a sorte de escoitar en directo nun cursiño en Santiago, e todo o seu traballo xa conta cos meus parabéns antes mesmo de abrir o libro. Pero non hai dúbida da súa xenialidade: estas ilustracións son tan detallistas, tan reais, que será moi difícil esquecer a historia porque na nosa cabeza permanecerá non só polo relato en si senón polas ilustracións que a acompañan.



'Guardiana de los ríos'

O asasinato de Berta Cáceres provocou que moitas persoas que cren nos Dereitos Humanos e na defensa do Medio Ambiente volvera a súa ollada cara a Honduras e interésase polo seu traballo na organización Consejo de Organizaciones Populares e Indígenas de Honduras (COPINH); grazas ao documentas 'Guardiana de los ríos' saberemos do seu enfrontamento contra a privatización dos ríos, que son figuras ancestrais de alto valor simbólico na cosmovisión do pobo lenca.



Visto aquí

20/09/16

Me & You

Curta do director británico Jack Tew que, desde a perspectiva dunha cámara instalada no teito dun cuarto, amosa a forma en que unha relación comeza, desenvólverse e chega á fin.




Vía

La guerra perdida

Este álbum que publicou Thule hai 8 anos segue estando plenamente vixente, unha fábula chea de ironía e sarcasmo sobre a gloria das guerras e a pechazón de quen se empeña en mantelas. Estamos a falar de La guerra perdida de Agustín Comotto. Hai dous personaxes que buscan unha guerra, desexan a gloria e as fazañas que a acompañan. Pero non hai ninguén máis que a procure. Pero, efectivamente, bastan dúas persoas para armala. Non precisan de ninguén máis. Por iso poderán atopar a guerra perdida. E quedará claro que ninguén, absolutamente ninguén, será o gañador.
As ilustracións que acompañan o texto son divertidas, frescas, que deixan ben claro o absurdo do tema. Podendo vivir en paz, por que, para que, as guerras?





Os océanos nas nosas mans

 Os responsables do concurso de debuxos e viñetas Bugge Niels Cartoon de Dinamarca  animou a ilustradores de todo o mundo a participar no problema do cambio climático e a contaminación baixo o lema "Os océanos nas nosas mans".










Vía

19/09/16

A metamorfose

 A metamorfose é un dos relatos máis importantes da Literatura do século XX. Kafka condensou nesta claustrofóbica historia a desesperanza, a soidade, a frustracións e outras emocións dunha persoa que se sente allea ao mundo.
Esta curta animada é unha lectura do que a historia provoca, o estado de ánimo ao cal nos leva e o efecto que provoca na nosa visión do mundo.
Visto en Cultura Inquieta.


Good Books "Metamorphosis" from Antfood on Vimeo.

Galería de saldos

Como en todo libro de relatos, hai algúns que gustan máis e outros que gustan menos. Pero a impresión xeral do libro foi moi boa. Estou a falar de Galería de saldos de Diego Giráldez, publicado por Xerais. Un libro de vinte e sete relatos que se inician cunha ilustración, imaxes que proceden de movementos artísticos variados e que formarán parte do argumento do relato posterior, algo ben interesante pola interacción artística que o autor nos ofrece (e que queda patende na primeira parte do título); os relatos tratan todos os temas (eu quedo co da violencia de xénero, que xa vou gardar para utilizadlo) polo que hai amor, morte, vinganza, desamor, soidade, desafiuzamentos. E igual que hai variedade de temas coexiste a variedade de protagonistas, dende adolescentes ata a vellice, e por suposto todo tipo de oficios e profesións. Todo isto regado cunha boa dose de retranca. Unha ironía que comeza polo propio título (meu pai preguntoume se estaba a ler ficción ou me estaba a informar dalgún tipo de rebaixa comercial????) e que fai alusión ás rebaixas que nos ofrece a vida que vivimos. Porque a pesar de ser ficción (iso é o que lle contestei ao meu pai) polas súas páxinas pasea o realismo do fracaso, da resignación sen felicidade posíbel.
Tamén chama a atención o xeito de escribir deste autor, que vén directo e que ás veces semella complexo, sabendo conxugar as imaxes sórdidas da vida cotiá en caída libre coa ironía máis afastadora. Por iso resulta tantas veces sorprendente.



Mujeres+Videojuegos

18/09/16

Things I Like, I Things I Don’t Like

Esta curta é a primeira colaboración do director  de "Delicatessen" (1991) e de "Amelie" (2001), Jean-Pierre Jeunet,  co actor Dominique Pinon. Aquí ambos amosan o seu estraño, escuro e enternecedor sentido do humor.



Vía

Lémbrome

Gustoume esta proposta que realiza Xurxo Chapela en Lémbrome, publicado por Edicións Positivas, e gustoume porque fixo que eu tamén exercitase a miña memoria e que lograse lembrar moitas cousas esquecidas ou ben gardadas no labirinto da memoria oculta; e ademais, moitas coinciden asemade coas súas lembranzas, o cal aínda conseguiu interesarme máis, xa que neste libro hai moito de lembranzas dunha xeración. Logo, cada individuo ten as súas propias lembranzas e as súas vivencias, e aí, por suposto, afastámonos. 
De estrutura elemental, repetindo constantemente a palabra "Lémbrome" coma un mantra. Ademais, vén con cancións de blues e películas de cine negro, moi presentes en todas as páxinas. Ao final, páxinas en branco para escribirmos nós (tamén no libro de Perec)
O autor explica que este seu libro existe porque leu "I remember" de Joe Brainard; logo veu George Perec e logo Mi ricordo de Mastroniani. A literatura como sucesión e herdanza, algo do que nos ten falado tantas veces Carlos Negro. De aí que vaia utilizar este libro nas miñas aulas. Un libro cheo de suxestións.
Si, lémbrome da lectura repetida unha e outra vez do "Capitán Trueno". Lémbrome de que me atropelou unha bicicleta porque ía cambiar os cómics ao comercio que estaba enfronte e tiña que cruzar a estrada" (así comeza a miña lectura memorística).
Convídovos a lembrar. Grazas, Xurxo.

 “Lémbrome de cando aínda estaba a salvo da vida” 
 “Lémbrome de cando a vida empezou a ir en serio”




Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXII)


CANSADA

Estou cansada - ainda agora chorei tanto
Outra noite - o terror andou à solta
Vai e volta e promete que não volta
Vai e volta e promete que não volta

Estou cansada - chorei tanto outra vez
Outra vez a pensar que hoje talvez
Haja paz - que o terror só vai não volta
Que a tua mão não se fecha contra mim
Estou cansada - não há fim nesta demência
Ou ciência que preveja que me mates
E quem bate depois chora e promete
Que não mais a mão se levanta fechada
Estou cansada - acho que não quero nada
Que não seja uma noite descansada
Sem ter medo ou chorar na almofada
Sem pensar no amor como uma espada
Tão cansada de remar contra a maré
O amor não é andar a pé na noite escura
Sempre segura que a tortura me espera
Insegura tão desfeita humilhada
Tão cansada de não dar luta à matança
À dança negra que me dizes que é amor
Que não concebes a tua vida sem mim
E que isto assim é normal numa paixão
E eu cansada nem sequer digo que não
Já não consigo que uma palavra te trave
Não tenho nada que não seja só pavor
Talvez o amor me espere noutra estrada
Mas tão cansada não consigo procurá-la
Já tão sem força de tentar não ser escrava
Já sei que hoje fico suspensa outra vez
Outra vez a pensar que hoje talvez…

Rodrigo Guedes de Carvalho


17/09/16

Six Figures Getting Sick

Curta abstracta e enigmática de David Lynch:


Vía

Auga a través

Chega un paquete. Só o envoltorio suxire a delicadez que hai detrás. E é que eu nin sequera sabía que existisen sobres con burbullas desta cor! Marróns e punto. Pero non, xa vedes:


A segunda sopresa que nos amosa o carácter da persoa que o envía vén ao abrir o sobre. Non só hai un libro dedicado, hai unha nota manuscrita nun sobre fermoso:



E xa o libro. Publicado por Apiario. De Dores Tembrás. Para que dicir máis?



Falamos de Auga a través,  unha "plaquette" que a autora vencella a un documental "Os días afogados". E si, lendo os poemas (linos antes de saber isto) unha ten a sensación de estraño asolagamento, de lembranzas fuxidías que leva a auga, esa forza absoluta que con todo pode, aínda que nunca será capaz de levar as propias lembranzas, os sentimentos. Si o resto, o material, a impotencia da perda que permanece baixo esa masa de auga que pretende non deixar sinais, que procura un esquecemento imposible. Imposible porque aí está a poesía, a arte, o ser humano. Aí está a sensibilidade e a solidariedade da poeta, que procura no papel a dor externa para transmitila e que poidamos comprendela. Quere aquí Dores Tembrás converterse en papel transmisor, dar voz a esoutras persoas que puideron retomala no documental, dar forma poética á perda. Hai catástrofes que se poden evitar, outras non. Pero a esperanza detras de calquera delas existe, porque resulta inherente ao ser humano. En poucos poemas, Dores dálle forma a esa catástrofe e á esperanza.


Corimexo

Tres minutos moi longos para saber que venden neste anuncio. Claro está, todo o mundo sabe -agás eu, polo que se ve- que os sofás cómpranse grazas a unha moza núa que os goza. A min que máis me dá que sexa cómodo ou de boa calidade? Hai cousas que son intolerables, e esta é unha delas.

16/09/16

Happily Ever After


"Felices para sempre" é unha curta animada moi tenra que reflexiona sobre o amor, o paso de tempo e a monotonía. E é que a vida cotiá é máis complexa do que semella!!!
Vímolo en Cultura Inquieta.

Cámbiache o conto!

Seguindo a "moda" de cambiar os contos tradicionais, Pinto & Chinto publican en Xerais Cámbiache o conto!, un libro de relatos que recolle 25 contos tradicionais para darlles unha voltiña que os cambia por completo no que vén a ser unha versión completamente diferente de tantas que temos lido outras veces, e onde o humor será a peza fundamental do cambio. E será este chave do humorística quen permita un cambio de rexistro, de personaxes, de protagonismos ou de herores e heroínas. A carón do ton do que falamos, e acompañándoo na mesma clave, están as ilustracións que reinterpretan cada unha destas vellas historias. Un libro que dá pé para exercicios de creación literaria na clase, desde logo, xa que o feito de xogar con contos tradicionais e alteralos procurándolles novos códigos éticos poder dar moito de si.


15/09/16

Adultland



Vía

Mapa do Día das Letras Galegas

14/09/16

Woman is the Nigger of the World

Canción contra o machismo de John Lennon.

A frase díxoa  Yoko Ono nunha entrevista en 1969 cando lle preguntaron sobre o rol da muller na sociedade actual.
Anos despois, John Lennon cuestiona a partir desta frase o trato á muller nunha sociedade machista.
Aquí tedes toda a información.


13/09/16

Con Lipograsil ¡Tú puedes!

Exemplos de publicidade machista hai moita, e esta é unha máis. AS mulleres poden e deben facelo todo, pero por suposto estando delgadas. Sen presión social, señores...


Un hoyo es para escarbar

Se un libro conta coas ilustracións de Maurice Sendak  xa conta, a priori, co noso beneplácito. E este libriño que temos entre as mans, non nos defrauda. Falamos de Un hoyo es para escarbar. Un primer libro de primeras definiciones de Ruth Krauss que vén de publicar, como non podía ser doutro xeito, a editorial Kalandraka. Estamos a falar dun libro de 1952 que resulta innovador no campo infantil e que xogan con definir desde ese mundo as palabras, como as partes do corpo, algúns obxectos ou actividades. E claro, se o libro remata con esta última definición, imaxinade canto nos pode gustar: "un libro es para mirarlo".


Extinción

 Campaña da páxina de viaxes Expedia UK, que deseñaron unha serie de cartaces con estética vintage, anunciando viaxes a países onde xa non se poden ver determinadas especies, como o Dodo das illas Mauricio ou o tilacino de Tasmania. 
En Fogonazos, sempre tan interesante, tedes toda a información.





12/09/16

Diversidade

 H&M realiza unha campaña que reflicte variedade de corpos, razas, idades e actitudes.
Visto no Facebook de Yolanda Domínguez.


Como se constrúen os estereotipos de xénero?

 Neste vídeo os e as pequenas collen os seus lapis e debuxan profesións con homes e mulleres.  Que ocorre? Nada menos que os estereotipos de xénero defínense entre os 5 e 7 anos!!!

Collemos dende Tribuna Feminista:

“Esta tarde vamos a dibujar a personas haciendo distintos trabajos y el primer dibujo que haremos será el de una persona que apaga incendios”,  (firefighter en inglés no es un sustantivo de género neutro). Lo llaman Gary, Stan, Simon… y hacen estas descripciones:
-“Él es grande y fuerte”.
-“Él lleva un gran casco en su cabeza”.
Toca después dibujar a un cirujano o cirujana (surgeon en inglés también es una palabra neutra, usada indistintamente para masculino y femenino). Se llaman: Jim Bob,
-“Él es un neurocirujano”.
-“Lleva estetoscopio”.
-“Él te da medicinas”.
-“Esta es su ambulancia (de él)”.
El siguiente dibujo, de un piloto de combate (fighter pilot es, de nuevo, un sustantivo neutro). Los alumnos y alumnas le dibujan como un chico, con avión de combate, como un piloto que rescata personas…
La profesora les pregunta si les gustaría conocer a todas estas personas en la vida real y invita a que entren en la clase…
Tamsin, cirujana del servicio nacional de salud de Gran Bretaña; Lauren, piloto en la Royal Air Force; y Lacey, bombera en la Brigada de Incendios de Londres.
Del total de dibujos de la clase, 61 dibujos eran de hombres ejerciendo estos trabajos, 5 de mujeres.



Vía

11/09/16

Camiños na auga

Directamente ao sufrimento lévanos Manuel Núñez Singala en Camiños na auga publicado por Galaxia. Falamos de dobre sufrimento, o da supervivencia por ser diferente e o da supervivencia por nacer nun lugar no que ata comer resulta difícil. Por que ser diferente? Porque o noso protagonista é un albino negro, con toda a carga de prexuízos que iso arrastra, ou sexa, é un "dili", un obxecto de negocio para prácticas rituais; logo falamos de África e falamos de emigración na procura dun mundo mellor, de existir este. Así que estamos ante unha novela que emociona e conmociona, ante un protagonista valente que sofre todo tipo de escarnios e que saber facerse fronte ante á adversidade, que medra no seu interior e no exterior ante os nosos ollos e que aprende a recoñecer mesmo que nun mundo enchido de maldade hai oco para a bondade e o agradecemento. Arredor deste personaxe vivimos un periplo africano ben documentado que nos abre as portas á diversidade cultural e social dese continente e á emigración. Núñez Singala sabe escribir, e demóstrao nesta novela que é quen de nos estremecer e conmover, aínda que ás veces -poucas- ese narrador omnisciente non me acaba de convencer polo seu didatismo agochado.
Un pracer que a nosa Literatura nos leve de viaxe polas selvas do Tanganica, do Lukuga, do Lualaba e do Congo; a novela divídese en nomes propios, debuxándonos un mapa que nos acompañará durante toda a lectura, nunha exploración dun mundo sorprendente. Pero sobre todo é importante que a cor do pel "ao revés" sexa a verdadeira protagonista da novela. Sempre as diferenzas, sempre os prexuízos. Pero tamén a amizade como eixo que sostén na soidade a anguria.
Camiños na auga é o camiño na lectura, a limpeza das dúas, a sensibilidade que nos envolve e acariña, como gotas de auga despois da calor de verán. E o compromiso que permanecerá en nós, logo de rematala. Porque a auga non se detén. E con ela os pensamentos seguen fluíndo.





Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXI)

No todos los hombres maltratan a las mujeres, 
pero todos debemos condenarlo


El hecho de que los hombres no estemos condenando a aquellos que maltratan a las mujeres y a las niñas nos convierte en cómplices de estos actos. La violencia machista es una pandemia. En el Reino Unido, 117.568 hombres se han sentado en el banquillo por delitos cometidos contra mujeres en el periodo 2015-2016; lo que representa un aumento del 10% respecto al año anterior. De por sí, estas cifras son alarmantes y, sin embargo, son solo una muestra de los niveles de violencia, abuso y acoso que las mujeres están soportando. En realidad, la mayoría de las agresiones nunca se denuncian.
Se calcula que en 2014, 1,4 millones de mujeres fueron víctimas de violencia doméstica solo en Inglaterra y Gales. Anualmente, unas 400.000 mujeres sufren algún tipo de agresión sexual y unas 85.000 son violadas. Hablando claro: los agresores creen que van a salirse con la suya y, lamentablemente, están en lo cierto.
Los hombres no suelen condenar esta gigantesca ola de violencia por dos motivos. El primero es que creen que hacerlo no sería más que una muestra de “alarde de virtud”; es decir, hombres que se identifican como de izquierdas y que así se marcan un tanto por sus ideas políticas. Y sí, este tipo de hombres existen, y en su perfil de Twitter se describen como “feministas”, al más puro estilo de los adolescentes que pegan pegatinas de sus grupos de música preferidos en sus carteras escolares.
La otra reserva es mucho más convincente. Señala que vivimos en una sociedad en la que los hombres controlan todos y cada uno de los pilares de poder; desde el parlamento a los negocios o los medios de comunicación. Sistemáticamente, silencian las voces de las mujeres incluso en aquellos temas que les afectan. No es de extrañar que las mujeres suelan ser las principales víctimas de las medidas que se adoptan; por ejemplo los recortes de la seguridad social. Sería perverso que no fueran las mujeres las que lideraran la campaña contra agresiones cometidas, en su inmensa mayoría, por hombres.
¿Qué papel podemos desempeñar los hombres? Jill Robinson trabaja como voluntaria de la campaña White Ribbon (cinta blanca) que insta a los hombres a sumarse a la causa. Creció en el área rural de Devon en los sesenta y solía encerrarse con su madre en la habitación para esconderse de un padre alcohólico y agresivo.
Su padre creía que las mujeres no necesitaban una educación, así que ella solía estudiar a escondidas en el campo. En esa época no existían las líneas telefónicas de ayuda u hogares para mujeres maltratadas.
Cuando terminó el instituto y consiguió plaza en la universidad, su padre se enfureció y fue contando por el pueblo que su hija se iba de casa porque quería abortar. “Yo era una adolescente bastante ingenua”, recuerda con lágrimas en los ojos. “¿Por qué me trataba así? Los padres deberían tener otro tipo de comportamiento”. Cree que los hombres tienen la responsabilidad de condenar estos actos. “Es clave que todo el mundo alce su voz contra este tipo de actos, sin excepción”, explica. “Los hombres también deben liderar esta causa”.
La campaña de la cinta blanca se lanzó hace diez años para mostrar “el problema de la gran prevalencia de agresiones cometidas por hombres contra mujeres, y mostrar que el silencio de los demás hombres resulta chocante”, indica David Bartlett, el director de la campaña. “De algún modo, es como si estos hombres también fueran agresores, ya que miran hacia otro lado como si esto no estuviera pasando y como si no fuera su problema”.
A los hombres se los educa para que se sientan superiores y para que vean a las mujeres como objetos. Maltratar a las mujeres es la manifestación más brutal de la idea, alimentada durante siglos, de que las mujeres están al servicio de los hombres y existen para satisfacerlos. Las violaciones, las agresiones sexuales y los feminicidios son el último eslabón de la suma de bromas y comentarios degradantes. Piropos de mal gusto en las calles, fotografías que presentan a las mujeres como objetos, hacer callar a las mujeres que se atreven a expresar su opinión, a menudo con comentarios insultantes en las redes sociales sobre su apariencia física.
“La sociedad del Reino Unido es profundamente misógina”, indica Sam Smethers, director ejecutivo de Fawcett Society. “Toleramos que se le reste importancia a la violencia machista y también que las mujeres sean tratadas como objetos”. Se ha creado un clima en el que la violencia machista termina por aceptarse. Y los hombres tienen la responsabilidad de revertir esta situación.
Barlett señala que los agresores deben rendir cuentas por sus actos: “A muchos chicos en todo el mundo se les dijo que este tipo de comportamiento es aceptable y creen que, de alguna forma, están mostrando su hombría”.
El hecho de que la sociedad siga promoviendo ciertos estereotipos resulta dañino para la formación de los chicos. “Este tipo de estereotipos hacen que el listón de cómo debe comportarse un hombre con las mujeres sea muy bajo”, indica Rachel Krys, codirectora de la coalición End Violence Against Women (Fin de la violencia de género). Los hombres que son homosexuales, bisexuales o transgénero, o que simplemente no se identifican con ciertas nociones de masculinidad, también pueden ser víctimas de este tipo de violencia.
Los hombres deberían apoyar muchas de las peticiones que están sobre la mesa y que son de orden práctico.
En un país en el que semanalmente una o dos mujeres son asesinadas por su pareja o expareja, lo cierto es que desde que los conservadores se hicieron con el gobierno seis años atrás se han cerrado el 17% de las casas de acogida. Es necesario terminar con los recortes que pongan en peligro la vida de las mujeres. La Fawcett Society quiere que la violencia machista pase a ser considerada un delito de odio; un enfoque que ya ha sido adoptado por la policía de Nottinghamshire. El odio misógino suele venir acompañado de otras actitudes intolerantes. Pensemos por ejemplo en los hombres blancos que han agredido a  mujeres musulmanas en la calle.
Los hombres que se unan a esta campaña deben mostrar tacto. Como señala Barlett, no deben obviar el hecho de que las mujeres han librado esta lucha durante décadas y no deben comportarse como si hasta ahora no se hubiera hecho una aportación importante. Smethers afirma que debe ser “una alianza con las mujeres y de acuerdo a sus normas”.
A los hombres les resulta muy fácil esquivar este tema. “Yo no soy un agresor, nunca maltrataría a una mujer. ¿Qué tengo que ver yo con todo esto? ¿Por qué culpabilizar a todos los hombres por los actos cometidos por una minoría?”. Lo cierto es que no es necesario darle muchas vueltas al asunto para entender que hemos crecido en una sociedad que reforzaba nuestro sentimiento de superioridad y la dominación. No la hemos inventado pero la hemos heredado. Y a no ser que consigamos cambiar estas creencias y apostar por un concepto de masculinidad más inclusivo, la violencia machista se seguirá sintiendo legitimada.
Las feministas y los activistas LGBT (lesbianas, gay, bisexuales, transexuales y transgénero) han contribuido a redefinir el concepto de masculinidad para enfocarlo hacia la aceptación y no hacia la dominación. Sin embargo, todavía queda un largo camino por recorrer y si queremos terminar con la violencia machista los hombres tenemos la obligación de escuchar a las mujeres y denunciar estas situaciones.

10/09/16

Axente Riciños

Publica Xerais a deliciosa tradución deste libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Axente Riciños é en realidade unha nena, a nena máis curiosa, destemida e lista do bosque... e o seus arredores. Sexa o que sexa o que poida ocorrer, alí está ela, solucionando todos os casos dos contos clásicos que nos serán ben doados de recoñecer. Non terá que traballar para a policía, aínda que mesmo poderá ter un traxe de superheroína. O máis importante é que contra ela ningún "malo" está libre de castigo. E os contos poderán reescribirse. Chegará a se converter no terror dos personaxes que poboan os diferentes países e continentes dos contos clásicos, eliminando deles calquera ton edulcorado que os puidese envolver.
Axente Riciños, ilustrada, non é a típica nena doce-princesiña pero si será a nena xusta e espabilada que queremos ter ao noso carón. Coas ilustracións compartiremos á perfección a sorpresa de todos os personaxes de sobra coñecidos e a incredulidade que provoca que as accións que antes sabiamos finais agora non chegan nin a principiarse.
Unha divertida reinterpretación.


Como funcionan os privilexios

Michael Kimmel, experto en masculinidades, converte a igualdade entre homes e mulleres nunha oportunidade de verdadeira felicidade.




Vía

09/09/16

A árbore da escola

Antonio Sandoval e Emilio Urberuaga constrúen en A árbore da escola publicado por Kalandraka un fermoso álbum necesario nesta Galicia ateigada de incendios e de ignorancia no respecto pola natureza. Por iso, este canto á mesma é un tomar folgos para respirar e encarar un futuro no que poboar a nosa terra dun espeso verde que faga esquecer a negrura destes tempos. Un álbum que fará vibrar a nenos e a nenas nas escolas que comezan xa, pola importancia da educación ambiental e polo respecto e atención a valores varios, incluído o fomento da lectura. Porque non nos deixemos enganar polo seu tamaño, de todo hai neste álbum, e de cada páxina aprendemos que o amor, toda clase de amor, é máis que necesaria para sobrevivir neste mundo que se nos antolla tan hostil.



Ventres de aluguer

Yolanda Domínguez publicou este artigo sobre a maternidade subrogada, recibindo numerosas críticas. Eu, persoalmente, estou de acordo con ela, parecéndome moi necesaria esta reflexión. Lédeo e cavilade vós. Déixovos tamén un vídeo sobre o mesmo tema.

08/09/16

Bomba Estéreo - Soy Yo



Grazas, Yolanda

Cinco minutos de paz

Como efectivamente, todos e todas desexamos cinco minutos de paz, sentinme moi identificada con esta elefantiña protagonista deste fermoso álbum que vén de publicar Kalandraka: Cinco minutos de paz de Jill Murphy. Un desexo repetido en todas as familias, en todos os pais e en todas as nais, cando as ocupacións non deixan nin un segundo, máis se hai pequenos arredor. Pero tamén coido que podemos traspasalo a esta vida tan atarefada que levamos actualmente, cando inutilmente procuramos eses 5 minutos... pero "a cabeza non para". Porque o descanso sempre é importante, e porque ademais este álbum conta cunhas ilustracións absolutamente deliciosas que fan que o libro nos conquiste dende o primeiro segundo... antes deses 5 minutos que nos vai levar lelo!


A Ciencia e as mulleres

 Ante unha pregunta sobre a escasa presenza das mulleres na Ciencia, o divulgador científico Neil DeGrasse Tyso, presidente da Universidad de Harvard, respondeu así:






Vía

07/09/16

Feminazis


 Vino aquí.


Me tienen cansada estas feministas
que se hacen las rebeldes y al final son re minitas
ademas feminismo es odiar a los hombres
dicen que no es así, pero mira como es el nombre!

aparte pense que el feminismo era para lesbianas
no me cierra que seas feminista y después tengas ganas
de casarte y tener hijos, depilarte las axilas
tu contradicción no me deja dormir tranquila!

ahora están todas con que les gritan en la calle
como si no les cabiera que un chabon se explaye
sobre como les destrozaría el ano con gusto
mientras esperan el bondi en santa fe y juan b justo

quieren llamar la atención, lo que dicen es cualquiera
no me ofendan ni me hagan cuestionarme mis ideas
feminazis!

no se cual es mi problema con los absolutismos
que me llevan a comparar feminismo con nazismo
o en lugar de averiguar de que se trata un movimiento
sambullirme a decretar sin ningun conocimiento

que en los sesenta estaba bien, hoy para que combaten?
si no importa que les griten, o las violen o las maten
son exageradas, vayan a hacerse coger
porque a eso se reduce todo si sos mujer

y quien mierda te crees para decir lo que pensas?
te crees que sos muy progre pero no sos nada mas que feminazi!
no se como argumentar, así que reduzco todo a feminazi
no se bien ni que proponen pero es mas fácil decirles feminazis
porque yo la tengo clara, si no hay que luchar por nada, feminazis
todo esta bien como esta, déjense de molestar

el feminismo es una moda, es una moda, es una moda
dejen de hacerse las victimas, ya pareciera que es joda
que te expreses me incomoda, me incomoda, me incomoda
si vas a abrir la boca, mamita, que sea para tragártela toda TODA TODA

05/09/16

Baixo o barco

Encantoume esta fotografía que veño de ver en Fogonazos:


Alí tedes a explicación, non deixedes de premer na ligazón.

04/09/16

Ñac-Ñac. El monstruo comelibros

Enma Yarlett é a autora deste álbum immprescindible para todo amante dos libros e da lectura: Ñac-Ñac. El monstruo comelibros está publicado por Cubilete (Bruño). Divertido libro con páxinas troqueladas e formato orixinal con buratos e superposicións doutros libros, onde pasearemos con este terrible monstro que adora comer libros, aínda que el morde todo o que teña por diante. O orixinal vén dado porque ao seguir as aventuras deste temible mordedor irá facendo buratos polos libros que vai comendo, polo que faremos un percorrido por diversos contos clásicos ben coñecidos e que el alterará ao mordelos. O dinamismo da lectura vén dado precisamente por esta "caída" sucesiva dun conto a outro, desexando saber onde rematará este monstro.


0

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXX)

 #WhoWillYouHelp

Grazas a Dores Asorei, quen o colgou no seu Facebook para todas e todos nós. Con estas súas palabras:

#SonFeministaAvergoñaríameNonSelo #MachismoTerrorismo #AViolenciaMata, #SeNonActúasEsCómprice
Lémbrovos que, Hai 2 días Unha Muller foi Atacada, Agredida e Case tirada As vías, No Metro de Madrid.
Ninguén Fixo Nada.Tod@S Miraron As Esceas, Ela Pedía Que Lle Acudiran.Nen Unha Soa Persoa Achegouse, E Iso Que O Home Víase Que Ía Bastante Bébedo,Polo Que non tería sido complicado reducilo.
Así Vivimos Todos OS Días! Si, Así, Por Moito Que Digades Que Somos Unhas Histéricas,Obcecadas,Obsesionadad,Mal da Cabeza...Etc

Penso que Este Video Debería Ser De Obrigado Visionado, Por Mulleres,Homes,Proxenitor@S, Mestr@S,Profesorado,Alumnado...etc.
Sen Comentarios Até que rRemate, a partires de aí, e dependendo da idade das persoas Que o vexan,:
Abir o Diálogo Ou Deixar Que Sexan El@S @S Que O Abran!

Ti Que Farías?

03/09/16

Los cuatro políticos en Niñolandia

 'Cuentos infantiles cortos' vén de publiccar unha campaña para explicar mediante a animación a ausencia de Goberno e como resolvela; así poderemos ver os catro principais líderes políticos xerando decepción e tristura porque só miran polo seu propio interese.
A través dun comunicado, sinálase que o obxectivo deste proxecto é "transmitir que os valores como a tolerancia, o respecto ou o diálogo deben estar presentes para conseguir unha convivencia harmoniosa nun país"




Vísto aquí.

O cociñeiro Martiño

Iago López e Macus Romero constrúen en O cociñeiro Martiño publicado por Xerais un álbum divertido que segue o procedemento acumulativo para convertérmonos en saborosos cociñeiros e pillabáns cidadáns. O compañeirismo e a amizade, pero tamén a astucia e a bonhomía son cualidades que resaltan neste libro para primeiros lectores, a quen non defraudará. Porque ser perseverantes, como di o álbum, é a mellor cualidade que podemos acadar, reflexionando asemade que debemos perseguir os nosos soños.


Rescatemos #NuestroMediterráneo

02/09/16

Sentirse Bien ~ Issiris

Porque teño unha prezada alumna que é así de artistaza:

Orquídea negra

Neil Gaiman e Dave McKean compoñen en Orquídea negra publicado por ECC un cómic diferente, onde unha superheroína morre xa no inicio para recibir logo unha nova oportunidade converténdose nunha entidade vexetal. E o que podería ser algo máis ou menos "normal" dentro dos cómics de superheores e superheroínas vén a afastarse do camiño inicial polo ton que o autor impregna na obra, un ton místico e ao mesmo tempo ecolóxico que destaca polos debuxos que acompañan a este texto tan chamativo, tanto pola composición como pola cor. Asemade, chama a atención porque a páxina componse de tres columnas de viñetas rectangulares verticais que ser poden dividir en fragmentos ou facerse máis grandes e ter máis columnas. Este xogo continuo da disposición gráfica é unha das características da obra, sen dúbida.
Unha obra con moito texto no que atopamos melancolía, realismo, fantasía, poesía.... Aínda que a min, debo recoñecelo, non me encantou.






KENZO World - The new fragrance

Dende o sempre interesante muro de Yolanda Domínguez traio este anuncio e a súa reflexión, así como a proposta de que vós fagades a vosa propia (e se vos prougueses compartila aquí, xenial):

Hoy me envían este vídeo que está circulando por las redes del nuevo anuncio de Kenzo, en él vemos a una mujer (joven, blanca, delgada) bailando con movimientos espasmódicos y agresivos y por lo visto está despertando muchas reacciones positivas tipo "qué guay, qué moderno, qué liberador"... El asunto es que la lánguida modelo en realidad está poseída y los movimientos son en contra de su voluntad, hay algo (o alguien) que controla su cuerpo... ¿de verdad es esto empoderador? ¿Tan difícil es mostrar a una mujer independiente y fuerte que no sea bajo el rol de loca o poseída? (y para más inri es una copia exacta de esta escena del metro de la peli "Possession" https://www.youtube.com/watch?v=EsDb4I6gAZQ) ¿Qué opináis? 

01/09/16

Te lo juro

Novamente, do muro de Pilar Aguilar Carrasco:

Un clásico del masoquismo más bestia. Lo que nos hacían decir! lo pongo en pasado, pero aquí tenéis una moderna: mucho golpe de melena, mucha lentejuela, mucho contoneo pero cabe preguntarse: con las barbaries que suelta ¿de qué se ríe?

"Llevame por calles de hiel y amargura,
quiebra mi cintura (versión clásica: ponme ligauras)
y hasta pégame (versión clásica: escúpeme)
échame en los ojos un puñao de arena,
mátame de pena,
pero quiéreme.
....
Mira que pá mi en el mundo
no hay ná mas que tú
y que mis sacáis, si digo mentiras,
se queden sin luz..."


Es que las clásicas (Jurado, Lola Flores, etc.) ponían carita de pena, de tragedia... a parte de que cantaban mejor y Lola -que no cantaba especialmente bien- le ponía sentimiento. Pero ¿esta?

Último sábado de soledad

Que fermoso este pequeno cómic de Jordan Crane que publica a editorial La Cúpula! Último sábado de soledad é un cómic sen palabras -para que?- en formato de peto, con dúas viñetas por páxina e uns debuxos tan expresivos que obrigan a reflexionar... e de que xeito! Un home que perde á súa amada, a quen lle escribe cartas -cartas físicas- e que lle leva flores... e que segue amando despois da morte... Fermosura e tenrura a partes iguais. Paga a pena relelo e demorarse nel, contemplalo, deixar que o pracer da lectura nos asolague mentres a morriña poida acompañala.
Todo un descubrimento. A emoción da lectura en viñetas.

Etapas

As diferentes etapas da vida dunha muller nunha animación e un videoclip no último estreo da banda de música electrónica residente en Londres The Coward.








Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.